Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2022

A relación dos sexos a través da tecnoloxía

Imagen
    En dúas sesións de titoría, analizamos a interrelación dos perigos que supoñen as tecnoloxías no establecemento de relacións afectivas ou de petición de sexo para os adolescentes.  Para iso empregamos os materiais do Programa Quérote, e o análise de notas de prensa que abordan casos reais, recentes e no noso pais sobre "cyberbulling", "sexting" "grooming. Abraiados quedamos co número de noticias atopadas!!

Cultivando habilidades

Imagen
 Os rapaces e rapazas de 3º en varias sesións, por medio da técnica de resolucións de conflictos "os 6 sombreiros de Bono", fixeron unha representación dos dilemas e como poderían responder ante un ofrecemento para consumir drogas, alcol ou sexo coa parella. Cada un deles tiña un sombreiro dunha cor diferente: O sombreiro cor prata, era o encargado de transmitir e resumir os feitos de xeito obxectivo. O sombreiro vermello é  que se rixe polas emocións. O sombreiro verde, encargado de dar respostas creativas e posibles O sombreiro amarelo, porporciona solucións moi creativas sen ter en conta se son viables. O sombreiro cor negro: a persoa que ve obstáculos e problemas o todo O  sombreiro azul: o encargado de recoller todas as solucións e marcar os pasos para chegar ao final da proposta de resolución Están feitos uns actores de primeira!!

orientación do desexo e identidade sexual

Imagen
No mes de febreiro o alumnado, tras varias sesións de traballo en grupo, elobaron uns carteis, con debuxos para explicar de xeito gráfico as distintas identidades sexuais  

Diversidade sexual

Imagen
 Cristina Palacios, axúdanos a entender o que significa a diversidade sexual e necesidade de respeto a tódolos sentires,  para vivir como cidadáns comprometidos cunha sociedade igualitaria 22 de xaneiro de 2022

Comezamos a nosa andaina sobre sexualidade coa presenza do axente experto do Centro Quérote Lugo

Imagen
 Bo día! Hoxe os nosos alumnos e alumnas de 3ºESO asisten ao pistoletazo de saída do programa Quérote, edición 2021/2022