Cultivando habilidades
Os rapaces e rapazas de 3º en varias sesións, por medio da técnica de resolucións de conflictos "os 6 sombreiros de Bono", fixeron unha representación dos dilemas e como poderían responder ante un ofrecemento para consumir drogas, alcol ou sexo coa parella. Cada un deles tiña un sombreiro dunha cor diferente:
O sombreiro cor prata, era o encargado de transmitir e resumir os feitos de xeito obxectivo.
O sombreiro vermello é que se rixe polas emocións.
O sombreiro verde, encargado de dar respostas creativas e posibles
O sombreiro amarelo, porporciona solucións moi creativas sen ter en conta se son viables.
O sombreiro cor negro: a persoa que ve obstáculos e problemas o todo
O sombreiro azul: o encargado de recoller todas as solucións e marcar os pasos para chegar ao final da proposta de resolución
Están feitos uns actores de primeira!!


Comentarios
Publicar un comentario