who inspires you?
Actividade Who inspires you?
(inglés) para 3º ESO
8 marzo 2022
Competencias clave traballadas:
·
Competencia social e cívica
·
conciencia e expresións culturais
Obxectivos xerais (DOG 120 do 29 de xuño de
2015):
“a)Asumir
responsablemente os seus deberes, coñecer e exercer os seus dereitos no
respecto ás demais persoas, practicar a tolerancia, a cooperación e a
solidariedade entre as persoas e os grupos, exercitarse no diálogo, afianzando
os dereitos humanos e a igualdade de trato e de oportunidades entre mulleres e
homes, como valores comúns dunha sociedade plural, e prepararse para o
exercicio da cidadanía democrática.
c) Valorar e
respectar a diferenza de sexos e a igualdade de dereitos e oportunidades entre
eles. Rexeitar a discriminación das persoas por razón de sexo ou por calquera
outra condición ou circunstancia persoal ou social. Rexeitar os estereotipos
que supoñan discriminación entre homes e mulleres, así como calquera
manifestación de violencia contra a muller.
d) Fortalecer as
súas capacidades afectivas en todos os ámbitos da personalidade e nas súas
relacións coas demais persoas, así como rexeitar a violencia, os prexuízos de
calquera tipo e os comportamentos sexistas, e resolver pacificamente os
conflitos.
g) Desenvolver o
espírito emprendedor e a confianza en si mesmo, a participación, o sentido
crítico, a iniciativa persoal e a capacidade para aprender a aprender,
planificar, tomar decisións e asumir responsabilidades.” (pax. 25.446)
“l) Coñecer,
valorar e respectar os aspectos básicos da cultura e da historia propias e das
outras persoas, así como o patrimonio artístico e cultural. Coñecer mulleres e
homes que realizaran achegas importantes á cultura e á sociedade galega, ou a
outras culturas do mundo.” (pax. 25.447)
Desenvolvemento das actividades:
Con motivo da xornada do 8 de marzo,
proxectouse o vídeo Who inspires you?, realizouse un exercicio de
comprensión oral e reabriuse o debate con estas mulleres e o alumnado tivo que
proporcionar exemplos doutros casos que se puidesen engadir á lista.
Vídeo
do British Council Who Inspires You?
Actividade sexo e xénero en inglés
(3º e 4º de ESO)
Competencias clave traballadas:
·
Competencia social e cívica
·
Conciencia e expresións culturais
·
Competencia lingüística na
primeira lingua estranxeira
Obxectivos xerais (DOG 120 do 29 de xuño de
2015):
“a)Asumir
responsablemente os seus deberes, coñecer e exercer os seus dereitos no
respecto ás demais persoas, practicar a tolerancia, a cooperación e a
solidariedade entre as persoas e os grupos, exercitarse no diálogo, afianzando
os dereitos humanos e a igualdade de trato e de oportunidades entre mulleres e
homes, como valores comúns dunha sociedade plural, e prepararse para o
exercicio da cidadanía democrática.
c) Valorar e
respectar a diferenza de sexos e a igualdade de dereitos e oportunidades entre
eles. Rexeitar a discriminación das persoas por razón de sexo ou por calquera
outra condición ou circunstancia persoal ou social. Rexeitar os estereotipos
que supoñan discriminación entre homes e mulleres, así como calquera
manifestación de violencia contra a muller.
d) Fortalecer as
súas capacidades afectivas en todos os ámbitos da personalidade e nas súas
relacións coas demais persoas, así como rexeitar a violencia, os prexuízos de
calquera tipo e os comportamentos sexistas, e resolver pacificamente os
conflitos.
g) Desenvolver o
espírito emprendedor e a confianza en si mesmo, a participación, o sentido
crítico, a iniciativa persoal e a capacidade para aprender a aprender,
planificar, tomar decisións e asumir responsabilidades.
i) Comprender e
expresarse nunha ou máis linguas estranxeiras de maneira apropiada” (pax.
25.447)
Desenvolvemento
da actividade
A raíz de algún
caso no que o xénero varía segundo o sexo en galego/castelán e en inglés non,
aproveitouse para explicar as diferentes solucións lingüísticas a esta
situación e a crecente sensibilidade internacional respecto ao tema do xénero.
·
En inglés normalmente non hai
correspondencia sexo=xénero, a diferenza do español e galego.
·
Hai veces nas que a palabra
xenérica referida a unha especie é a masculina (dog) e outras nas que é
a feminina (duck).
·
Falouse das diferentes solucións
lingüísticas para evitar o sexismo na lingua segundo o idioma do que se trate:
o
En galego e español téndese a unha
duplicidade (alumnos e alumnas) ou a un xenérico (alumnado).
o
En inglés hai unha tendencia a
usar termos que non diferencien xénero: police officer fronte a
policeman/policewoman e a eliminar aquelas nas que se fai referencia a unha
muller (actress).
o
En inglés tamén hai unha tendencia
a usar o xenérico singular they (their, theirs, them...).
·
·
Coméntase tamén a tendencia a
utilizar o pronome plural (they) que non marca o xénero fronte ao
singular masculino ou feminino (he/she) cos que o falante ten que facer
unha aposta á hora de comunicarse para referirse a alguén.
·
Revísanse aquelas palabras de uso
máis frecuente e que poden ocasionar confusión pois o alumnado galego tende a
utilizar en plural masculino as palabras cando poden referirse a persoas de
ambos xéneros: grandparents/grandfathers.
Comentarios
Publicar un comentario